A normalidade volveu hoxe á ría de Muros Noia

    NOIA> Os mariscadores retomaron hoxe a actividade despois de que onte o pósito decidira pechar os seus bancos marisqueiros a consecuencia do aumento dos niveis de toxina detectado nun dos controis que efectúan habitualmente. A última hora da tarde de onte coñecíanse os resultados das novas análises realizadas, tanto polo laboratorio privado que traballa para a confraría noiesa coma polo Intecmar, que resultaron favorables, de aí que o pósito decidira volver a abrir as súas concesións. A nova foi acollida con gran satisfacción polos máis de mil produtores que traballan na extracción do berberecho que deste xeito poderán seguir coa súa actividade.

    Comments are closed.