Presentan en Noia a campaña ‘Lazos de vida’

NOIA> A iniciativa está promovida pola Asociación Senda XXI e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.

O salón de plenos do concello noiés acollía esta mañá a presentación da campaña ‘Lazos de vida’ que promove a Asociación Cultural e Deportiva Senda XXI en colaboración coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue. A iniciativa cun carácter solidario incluirá varias propostas. A primeira delas consistirá nunha charla o día dez de novembro no Coliseo Noela sobre os distintos tipos de doazón. A charla precederá á outra proposta da campaña. Unha andaina solidaria baixo o lema ‘Rego de Vida’ a favor da Asociación de Transplantados de Médula Ósea, Asotrame.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue procederá tamén, os días posteriores ó desenvolvemento da campaña, a enviar as súas unidades móbiles ós distintos municipios das comarcas do Barbanza e Muros-Noia, animando a tódolos veciños a doar. Un xesto importante e solidario que permite salvar moitas vidas.