Os vilagarciáns denuncian a sobrecarga dos impostos municipais

    VILAGARCIA> Os vilagarciáns aseguran estar fartos de que lle suban impostos. Denuncian que non son tempos para incrementar a carga impositiva ás economías familiares; e moito menos para facer gastos superfluos cos cartos públicos.

    Os vilagarciáns non poden ca carga impositiva municipal: os impostos veñen de subir neste Concello sen ter en conta a baixada do IPC, co que eles non dan pagado tanto tributo municipal. Moitos anóxanse ca sobrecarga e outros asúmeno con resignación. Así as cousas, o anuncio da compra da remuda do mobiliario para a sala de Xuntas do Concello por valor de 12.000 euros caeu como unha xerra de auga fría entre a poboación. Entenden que non é tempo para gastos superfluos, e que non está ben por un lado subir os impostos e polo outro despilfarrar.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/29/impostos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/29/enquisa_mobiliario_impostos_vilagarcia.mp4{/flowplayer}