Villaronga: “¿Feijóo pode vir de festa e non reunirse por Cuca?”

     VILAGARCÍA> O conflicto polo peche da conserveira centrou o debate na sesión plenaria ordinaria

    {flowplayer}images/salnes/PlenoVilagarcia_250213.flv{/flowplayer} 

    O conflicto de Cuca protagonizou boa parte da sesión plenaria. Ducias de traballadoras acudiron ata Ravella para pedirlle ó alcalde unha entrevista co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Esixíronlle ademais que fixera todo o posible por evitar o peche a fábrica e o traslado das traballadoras ó Grove. A resposta do alcalde Tomás Fole non as contentou. O rexedor vilagarcián dixo que se estaba a facer todo o posible por forzar a Garavilla a dar marcha atrás, pero que as armas coas que conta a administración son escasas.

    As traballadoras non arrancaron o compromiso do alcalde de acadar esa entrevista con Núñez Feijóo, aínda que si prometeu unha coa conselleira do Mar durante esta semana. Este feito molestou, sobre todo á voceira do BNG, María Villaronga. 

    Tamén dende PSOE e Esquerda Unida, hoxe faltou Juan Fajardo, exixiron ó grupo do goberno que se faga todo o posible para arranxar esta situación.

    Por outra banda, no pleno estiveron presentes membros do plantel municipal, que amosaron o seu malestar polos que recortes que lles están afectando, con pancartas como “Salrio digno para ti, baixas indignas para nós”. Ademais, unha ampla representación de veciños de A Escardia protestaron pola colocación dunha antena de telefonía móvil no seu barrio e pediron que sexa retirada polos danos á saúde que pode acarrear, nunha zona ademais, moi cercana a un colexio de infantil.

    Redacción Salnés