Profesionais do mar coñecen Rianxo as últimas innovacións tecnolóxicas para o sector

    RIANXO> O auditorio municipal de Rianxo acolleu as xornadas sobre innovación tecnolóxica na pesca e na conserva organizada pola Factoría de Innovación da Coruña en colaboración coa Escola de e a Deputación de A Coruña. No encontro abordáronse as diferentes liñas de investigacióm que se están a desenvolver no sector a través de exmplos de éxito reais. Así, José Manuel Fernández de Proafer, comparteu a súa experiencia na introdución do cultivo da ameixa en batea. O desenvolvemento dunha nova técnica para o cultivo desta especie permitiulles alcanzar unha facturaciçon de 150 millóns en cinco anos. Por outra banda, José Alcalde, de Talleres Mardous, presentou algúns exemplos innovadores na fabricación de maquinaria para esta industria permitindo a mecanización de tarefas que ata agora se viñan realizando de xeito manual. A xornada pechouse cun coloquio no que aistentes puideron plantexar as súas dúbidas sobra a aplicación destas técnicas no seu traballo.