Non hai vías de acordo no seo de Lantero

    VILAGARCIA> A dirección de Lantero está moderadamente satisfeita trala reunión de onte ; ó contrario que o Comité de Empresa que non ven avance algún nesta xuntanza. A semana continúan as negociacións con 3 días de reunión contrarreloxo: o día 7 remata o prazo de consultas do ERE.

    A dirección da empresa cartoneira Lantero saíu medianamente satisfeita da xuntanza mantida onte en Santiago cos representantes do Comité de Empresa. Están dispostos a retirar o ERE e desbotar a idea de externalizar vinte postos de traballo, se estes se reformulan no senso salarial e de horarios. A proposta da empresa é seguir con 12 despedimentos inamovibles e modificar os salarios nunha media do 30 %. Agora é o Comité de Empresa o que debe presentar a súa proposta. E é que a empresa recoñece estar pasando un punto crítico logo de case tres semanas de folga. Apuntan que so foi o 45 % da plantilla o que a secundou pero destes, case todos pertencen á cadea de producción o que impide que a fábrica siga producindo. Unha situación que van paliando ca venda de artigos en stock pero que aseguran que está a por en perigo a súa carteira de clientes. A cúpula de Lantero manifestou a súa incomodidade polas mobilizacións diante de clientes como Nestlé, posto que aseguran que serán contraproducentes para a viabilidade da empresa. Amais, anunciaron que poderían tomar medidas legais contra o Concello de Vilagarcía polo acordo plenario do pasado luns sobre o convenio urbanístico. Pola contra os traballadores acordaron hoxe en asemblea diante da fábrica non aceptar as condicións impostas pola dirección da empresa: seguen nas mesmas “ou todos ou ningún”, como reza o seu lema. O comité de empresa resta importancia á xuntanza de onte asegurando que os cambios de postura por parte da dirección son só movementos de cara á galería. Mándanlle amais unha mensaxe: se queren que cese a folga non teñen máis que retirar o ERE e volverse a sentarse na mesa de negociación no punto no que o deixaron o pasado mes de xuño. Polo de agora, quedan por diante tres días de reunión a vindeira semana ata o día 7, data na que remata o período de consultas sobre o actual ERE.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/30/lantero5.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/30/rp_direccion_lantero.mp4{/flowplayer}