A Xunta envía á policía autonómica para apartar aos veciños das obras do túnel

    castroagudin_poli100_181207001.jpgCASTROAGUDÍN > Os veciños de Castroagudín, seguen facendo garda diante do que será o túnel, para paralizar na medida do posible…

    …as obras que soterrarán a súa parroquia, pola construción da estrada de circunvalación de Vilagarcía. Hoxe, un desmesurado equipo da policía autonómica, esixiu os veciños que saíran de debaixo da ponte, para que pasaran as máquinas.

    Un equipo do BNG, encabezado polo deputado parlamentario, Bieito Lobeira, comprometeuse a mediar polos veciños de Castroagudín, para acadar unha solución ó actual trazado da variante de Vilagarcía.

    Ata unha representación dos veciños, acudiu a Santiago para presentar unha queixa formal ante o valedor do Pobo, que amosouse disposto a axudalos e garantiulles que remitiría un escrito de apoio a súa causa, ante a Consellería de Política Territorial e Obras Públicas.

    Pero ata agora, non hai noticias nin de uns nin de outros. De feito, algúns veciños insisten en que ven se puido agardar a que Política Territorial ou o Valedor do Pobo, manifestaran algún cambio, para comezar as obras.

    Por outra banda, as persoas que fan garda tódolos días a pé de obra, quedaron abraiadas co despliegue policial que enviaron para apartalos das obras, innecesario segundo os veciños, algún deles asegurou que foron once policías os que chegaron ao túnel, aínda que despois, solo quedaron seis vixiando.

    Os veciños de Castroagudín, xa teñen asumido que vanlles dar alí as uvas, e farán canta xestión faga falla para que se modifique o actual proxecto. E, como xa dixera o nacionalista Bieito Lobeira, será posible mediante a apertura dun proceso de negociación ca consellería de Política Territorial, no que se teña en conta a opinión dos veciños.

    Redacción Salnés