O Xuventude Sisán demanda ao concello de Ribadumia reclamando un reparto xusto das instalacións deportivas

RIBADUMIA> Un equipo de fútbol de Ribadumia quéixase da que considera mala xestión das instalacións deportivas por parte do Concello. O Xuventude de Sisán asegura que está sendo discriminado fronte outros equipos do municipio. Din que moitas semanas non teñen onde adestrar, polo reparto desequilibrado das instalacións. Levan varios meses pedíndolle ao goberno local que tome medidas pero ante a falta de resposta, decidiron recorrer á vía xudicial.

O Club de Fútbol Xuventude de Sisán naceu hai agora tres anos. Dende os seus inicios tivo que recorrer a instalacións municipais para poder desenvolver a súa actividade. Ao ser os últimos en chegar, no equipo decidiron amoldarse aos horarios de ocupación destas instalacións para vir adestrar. Pero nos últimos meses considerar que o Concello os está discriminando respecto do resto de clubes. Reivindican un trato igualitario para todos.

Ese é, precisamente, o eixo da súa queixa. O concello cédelles estas instalacións da Senra o luns, no día despois do partido. Eles queren o martes, pero a súa demanda non atopou resposta.

Din que non é un capricho, senón que é algo lóxico.

Denuncian tamén que os encontros os xogan no campo número dous pero que o concello cédelle os vestiarios do número un. Aseguran que se está incumprindo a normativa.

Ante as reiteradas peticións ao concello sen obter resposta, no club decidiron dar un paso máis, recorrendo á vía xudicial.

Polo de agora, o equipo ten dereito a usar estas instalacións non só o luns, tamén o mércores e venres. Onte, ao ser luns, aínda que estaban no seu dereito non viñeron adestrar. Decidiron aprazalo para hoxe, iso si, noutras instalacións que lle cedan nangún concello próximo, como ultimamente Sanxenxo ou Meis.