A POBRA> O concello da Pobra declarou loito oficial polo falecemento dos tripulantes do Albacora Cuatro. Unha das vítimas residía no municipio.
Dende este mediodía e ata a medianoite de mañá, o concello da Pobra declarou o loito oficial polo falecemento dun dos seus veciños, Ángel Boo. trátase dunha das dúas vítimas mortais con que se saldou o escape de gas acontecido a bordo do Albacora Cuatro cando permanecía atracado en Porto Victoria, nas Illas Seychelles.
Ademais de suspender tódolos actos oficias, as bandeiras ondearon a media hasta. Con este xesto, a corporación pobrense pretende sumarse ás condolencias á familia de Ángel Boo que, aínda que era natural de Palmeira, instalarase recentemento coa súa familia no núcleo pobrense de Rosamonde.
De igual modo, o concello da Pobra quixo trasladar o seu apoio e solidariedade ó outro mariñeiro falecido, Francisco Cameán, natura de Carreira e residente en Xuño.
Nesta liña, o concello de Porto do Son tamén publicou unha mensaxe de condolencias transmitindo todo o apoio, forza e cariño ós familiares, amigos e veciños dos tripulantes do Albacora Cuatro.