O Diario de Pontevedra en folga tras dez despedimentos

PONTEVEDRA>O Diario de Pontevedra comeza mañá unha semana de folga logo do despedimento de 7 traballadores e 3 bolseiros. Os traballadores deste xornal denuncian que tras varios esforzos da plantilla, que mesmo pasou pola reducción do seu soldo, agora a dirección actuou de mala fé e sen previo aviso.

Os ánimos están máis que caldeados no seo do Diario de Pontevedra. Tras varios esforzos por parte dos traballadores, que mesmo ós levou a rebaixárense o seu soldo, agora a dirección da empresa, o grupo el Progreso, despediu sen previo aviso e sen notificación previa ó comité de empresa a dez persoas: 3 bolseiros e 7 traballadores de plantilla. A dirección do grupo El Progreso efectuaba estes despedimentos de xeito unilateral, unha semana despois de que o delegado en Pontevedra afirmase ante os sindicatos que a situación económica empezaba a mellorar. Ante esta acción, o plantel decidiu comezar unha folga dunha semana que comezará mañá xoves ás nove da mañá; que irá acompañada durante estes días de varias accións de concentración diante da sé do xornal ou en lugares emblemáticos de Pontevedra como o Praza da Ferrería. Un coñecido xornalista do Diario de Pontevedra comentaba, apoucado, como a nova os colleu por sorpresa. Desde o colectivo de traballadores fan un chamamento ós lectores e as administracións, posto que tamén é cousa deles.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/04/serafin.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/04/cig_diario_pontevedra.mp4{/flowplayer }