PONTEVEDRA> O portavoz do PP en Pontevedra compareceu esta mañá en rolda de prensa para analizar a xestión do goberno municipal nesta crise sanitaria. Rafa Domínguez criticou a falta de propostas e axudas presentadas polo Concello de Pontevedra nestes seis meses de pandemia.
Ante esta falta de xestión, Rafa Domínguez preguntouse hoxe onde está o alcalde de Pontevedra. Un alcalde que, para o voceiro popular, está cansado, sen ganas e afastado da sociedade.
O voceiro popular tivo tamén palabras para os concelleiros, esixíndolles que demostren un maior compromiso cos veciños e veciñas.











