O documental ‘Daia Sahara’ proxectarase no auditorio de Ribeira o 22 de novembro

    RIBEIRA> O concello de Ribeira xunto ca presidenta da asociación solidariedade galega do pobo saharaui e o delegado saharaui en Galicia, veñen de presentar o documental ‘Daia Sahara’ que se proxectará no Auditorio de Ribeira o vindeiro 22 de novembro, cunha posterior cea de convivencia no restaurante Chicolino en Boiro.

    O documental “Daia Sahara”, que se proxectará o vindeiro 22 de novembro no auditorio de Ribeira, reflexa os obxectivos do programa ‘Vacaciones en Paz’ e o vínculo que se establece co pobo saharaui unha vez rematado o periodo de estancia. Trátase dun documental sobre a acollida de nenos saharauis en España, rodado en Andalucía, Cataluña e Galicia, destacando a participación dunha familia ribeirense pola acollida dun neno saharaui no verán que é o protagonista do filme. A presidenta da Asociación Solidaridade Galega co pobo Saharaui, Maite Isla, quixo mostrar o seu afecto tanto ó concello de Ribeira como á representante comarcal, Amparo Cerecedo, e salientou que é un orgullo poder mostrar imaxes do seu traballo en Galicia. O delegado Saharaui en Galicia, Habi Bulah, tamén quixo agradecer o apoio, a solidaridade e a continuidade co pobo Saharaui e fixo fincapé no conflicto Saharaui que está tendo lugar, pedindo ó Estado Español que busque unha solución. Salientar o incremento da axuda que o concello de Ribeira vai levar a cabo para elevar o número de nenos en acollida. No 2015 perséguese un mínimo de oito nenos, a diferencia dos tres que houbo o ano pasado, pero tamén é fundamental contar coa implicación de familias interesadas en dar acollida. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/actividadesasocgalegapobosaharaui0511141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/actividadesasocgalegapobosaharaui051114.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí