PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra investiu preto de 50.000 euros na posta a punto da praia fluvial. O goberno municipal ampliou o balizamento perimetral da zona de baño, incorporou 450 metros cúbicos de area e renovou a caseta dos socorristas e os baños. Ademais, este areal presenta dende hoxe unha nova cartelería.
Coa nova normalidade, moitos espazos naturais tiveron que ser adaptados co obxectivo de garantir maior seguridade e hixiene á cidadanía. Con esa intención, o Concello de Pontevedra levou a cabo un paquete de medidas nesta praia fluvial. A primeira foi esta, a contratación dun aporte de 450 metros cúbicos de area.
Ademais de rehabilitar a fachada exterior desta caseta, o Concello de Pontevedra instalará nos próximos días unha cadeira para os socorristas e un mastro para as bandeiras. Por outra banda, o goberno municipal renovou toda a cartelería deste espazo e ampliou as zonas de baño.
Co obxectivo de previr a propagación do coronavirus, nesta praia haberá catro quendas de desinfección e limpeza. Este paquete de medidas supuxo unha inversión de 50.000 euros.