O concello de Muros adquire caldeiras de biomasa para os edificios públicos

    MUROS> O executivo muradán fixo unha aposta importante por instalar na maioría de edificios públicos caldeiras de biomasa. Para a compra destas novos estufas habilitou unha partida duns 23 mil euros. Ademais de conseguir caldear durante o inverno estes espazos, a medida permitirá un importante aforro enerxético.

    O concello de Muros fíxose cun total de 12 caldeiras de biomasa que prevé instalar noutros tantos edificios públicos ó longo do municipio, non só no casco urbano, senón tamén polas parroquias. Entre outros espazos as estufas serán instaladas nos locais sociais de Louro, Tal e Abelleira, así como tamén na casa de cultura de Muros e no centro social de Esteiro. Segundo explicou a propia alcaldesa, Caridad González, a decisión foi adoptada co fin de aliviar as arcas municipais debido o elevado custe das facturas eléctricas. Para acometer esta inversión, o executivo muradán dispón dunha aportación económica procedente de fondos europeos, a través do Agader. A intención do concello pasa tamén por poder instalar estas estufas tamén en inmobles protexidos, xa que supoñen un importante aforro energético, pero neste caso haberá que contar tamén cunha autorización especial. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/candeirasbiomasaconcellomuros0511141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/candeirasbiomasaconcellomuros051114.mp4{/flowplayer}