Porto do Son acollerá un curso sobre os usos medicinais das plantas

    PORTO DO SON> O concello de Porto do Son desenvolverá un obradoiro de ungüentos e plantas medicinais. Celebrarase entre o 14 e 16 de novembro e será impartido por membros da Asociación socio-cultural rural Xestas. Esta actividade está orientada á identificación de plantas medicinais do noso contorno con propiedades útiles para o noso benestar e saúde; e a como facer bon uso delas para o tratamento de afeccións cotiás. Trataremos tamén sobre o uso cosmético destas plantas, e aprenderemos a elaborar con elas ungüentos propios e eficaces, sen necesidade de recorrer aos nocivos derivados do petróleo, como os parabenes ou a parafina, ou a outros produtos sintéticos utilizados pola industria cosmética. O venres ás nove da noite, no Centro de Interpretación do Castro de Baroña, impartirase unha charla titulada ‘Ungüentos medicinais e cosméticos. Outro xeito de coidar a pel* O taller desenvolverase durante toda a xornada do sábado 15 e na mañá do domingo 16 na cociña do Viveiro de Empresas de Porto do Son. O sábado prepararemos oleomacerados e ungüentos a base de cera de abellas e o domingo elaboraremos mascarillas faciais utilizando produtos frescos. O prezo do taller é de 25 euros por persoa.