O resturante Estrella del Mar é xa un local cardiooprotexido

BOIRO> O restaurante Estrella del Mar de Boiro xa dispón dun desfibrilador semiautomático. Convértese así nun dos primeiros locais do municipio cardioprotexido.

Esta mañá persoal do Proxecto Salvavidas encargábase da instalación do desfibrilador semiautomático no restaurante Estrella del Mar. Convértese así nun dos primeiros establecementos de hostalería de Boiro e tamén da comarca autoprotexido. Trátase dunha medida de protección ante unha posible parada cardiorespiratoria, non só dos clientes e traballadores do negocio, senón tamén da xente que se atope nas inmediacións de Praia Xaedín.

Segundo fontes sanitarias este tipo de equipos, de fácil manexo, aumentan nun 90% as posibilidades de supervivencia ante unha parada cardíaca.

A instalación deste desfibrilador é froito tamén dunha campaña máis ambiciosa que persegue converter a Boiro nun lugar cardioprotexido.

Para amosar o seu manexo, esta mesma tarde desenvolvíase tamén un pequeno curso práctico e de primeiros auxilios no centro social da localidade no que puideron participar unhas oito persoas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí