Boiro Novo propón abrir o Pazo de Goiáns para dinamizar o emprego

    BOIRO> A asemblea cidadá Boiro Novo denuncia o abandono do Pazo de Goiáns. Piden que se acometan as melloras para a súa apertura ó público xa que suporía un atractivo turístico e dinamizaría o emprego na comarca. A falla de mantemento do Pazo de Goiáns, que permanece pechado ó público, supuxo un importante deterioro da finca e dos inmobles que conforman o conxunto patrimonial. Dende Boiro Novo acusan ó executivo de non ter acometido a reposición de teitos, portas e fiestras con cargo a unha subvención concedida polo Ministerio de Cultura en 2011 que finalmente perdeuse. Consideran que a apertura do pazo sería un factor dinamizador da hostelería e do turismo en Boiro que repercutiría mesmo na creación de emprego. Pola súa banda, dende o concello teñen intención de poñer en valor o pazo. Sen embargo, na actualidade hai outras inversións prioritarias xa que a rehabilitación de Goiáns suporía un custo moi elevado. Pola contra, os membros de Boiro Novo consideran que non sería preciso unha gran inversión para frear o deterioro do inmoble.