RIANXO> Este venres tivo lugar unha nova batida especial por parte da Comandancia da Garda Civil, buscando algún indicio sobre o paradoiro de Diana Quer. Nesta ocasión, e por primeira vez, tivo lugar no concello de Rianxo, concretamente, na zona que une a parroquia de Taragoña co municipio de Boiro. Así o confirmou o Director Xeral da Garda Civil Arsenio Fernández de Mesa, durante unha visita a Noia onde se reuniu cos axentes que levan o caso da desaparición da moza madrileña. Ás once e media da mañá comezaba a reunión no Cuartel da Garda Civil de Noia. O director xeral do corpo estuvo durante unha hora cos investigadores que traballan na desaparición de Diana Quer. A busca extendeuse por leiras próximas á zona portuaria de Taragoña, unha zona que frecuentan parellas buscando intimidade. O axentes percorreon a pe a zona de enseada de Beluso. Fernández de Mesa dixo que non pode dar máis explicacións sobre porqué se rastrexa esta zona en concreto, debido ao segredo de sumario, pero que se os investigadores deciden realizar outra batida é porque o consideran necesario para o caso. Arredor das noticias que circulan sobre que os investigadores terían xa o perfil do sospeitoso na desaparición de Diana, Tamén declarou que continúase traballando no ámbito tecnolóxico, visionando as imaxes grabadas polas cámaras de seguridade da zona, unha información, que definiu como valiosísima. Outra das cousas que quixo destacar o Director Xeral da Garda civil, é que para esta desaparición, estáse levando a cabo o mesmo protocolo e estáse servindo a mesma axuda que para calquera outro caso de características similares. O director xeral asegurou que nestes momentos non hai nin unha soa hipóteses descartada, e sen confirmar lugares nin datas, que de ser necesario, nos próximos días volverán realizarse novas batidas.
Inicio Barbanza - Muros - Noia











