A Xunta inviste uns 45 mil euros na mellora da fachada do mercado sonense

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/07/mellorasprazaportodoson0711141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/07/mellorasprazaportodoson071114.mp4{/flowplayer} PORTO DO SON> A delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, supervisou esta mañá as obras de reforma que se están a executar actualmente. Acompañada polo alcalde, Luís Oujo, e varios membros do equipo de goberno, a delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, comprobou a marcha dos traballos de reforma da fachada do mercado municipal. A mellora das instalacións forma parte dunha achega da consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, por un importe duns 45 mil euros, o 75% do custe total da obra. Segundo sinalou a propia Belén do Campo a actuación enmárcase nun programa autonómico que busca apoiar ó comercio local a través da mellora das prazas de abastos, como espazos dinamizadores da nosa economía. Ademais de Porto do Son, beneficiaranse desta liña de axudas outros concellos da zona como é o caso de Pobra do Caramiñal, Boiro ou Noia cun investimento total de preto dos 220 mil euros. Dende o concello sonense destacaron a importancia desta actuación, xa que os exteriores do mercado atopábanse nun mal estado de conservación. Esta actuación, que se suma á rehabilitación xa realizada no interior da praza, persegue mellorar a iaxe do mercado, converténdoo nun espazo moderno e funcional. Se todo marcha segundo o previsto a actuación debería estar rematada xa a primeiros de decembro.