O concello de Noia presenta alegacións á nova ribeira do mar en San Lázaro

    NOIA> O concello de Noia vén de formular alegacións ó expediente impulsado polo Ministerio de Medio Ambiente de establecemento dunha nova ribeira do mar no Malecón de San Lázaro. As alegacións consisten basicamente en remitir á Demarcación de Costas do Estado en Galicia, os resultados das medicións realizadas polo Concello, e que arroxan unhas lixeiras diferencias en relación ás realizadas polo ente estatal. Tal como se prevía, a afectación da liña de protección de Costas sobre as edificacións existentes non se consegue eliminar, e a totalidade da fachada marítima segue prendida desta circunstancia, cuestión que obrigará, no futuro PXOM, ó establecemento dunhas aliñacións acordes ao mandato da citada Lei de Costas de tal xeito que o conxunto da propiedade non fiquen inservibles no futuro inmediato.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí