Porto do Son presenta a segunda edición da semana cultural

    PORTODOSON> O concello de Porto do Son ven de presentar a segunda edición da semana cultural que se celebrará do 13 ó 16 de novembro na casa da cultura da localidade. As actividades que alberga van destinadas a todo tipo de públicos.

    A edil de cultura, María Maneiro, presentou esta mañá as actividades que se levarán a cabo ó longo da semana cultural. Este ano é a súa segunda edición; xa que o ano pasado tivo lugar en Portosín. As actividades irán destinadas a todo tipo de público e o que se pretende é organizar actividades para os fins de semana de inverno chamando a atención dos veciños para que estes disfruten delas. O edil de turismo, Manel Deán, tamén quixo resaltar os diferentes magostos que se van a realizar nesta semana cultural nos diversos colexios da zona ca entrada do outono. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/07/actividadesculturaisportodoson0711141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/07/actividadesculturaisportodoson071114.mp4{/flowplayer}