A Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño cumpre a maioría de idade

RIBEIRA> As xornadas Francisco Lorenzo Mariño acadan este ano a súa maioría de idade. Celebrarano cun amplo programa de actividades que buscan, non só poñer en valor a figura do que fóra párroco de Aguiño, senón tamén redescubrir a historia da parroquia da man do historiador Daniel Bravo Cores.

Un dos actos centrais das xornadas terá lugar mañá sábado no cemiterio de San vicente de Noal en Porto do Son. Alí realizarase unha ofrenda floral ante a tumba de Francisco Lorenzo Mariño e darase lectura a un manifesto reivindicando numerosas cuestións que afectan á localidade.

O programa das xornadas complétase con actuacións musicais, teatro e un concerto infantil como actividades complementarias. Dende a asociación cultural quixeron agradecer ás administracións e entidades patrocinadoras que fan posible tanto estas xornadas como tódalas actividades que desenvolve a entidade durante o ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí