Augas de Galicia destina 3 millóns de euros á mellora da EDAR de Noia

NOIA> A Xunta de Galicia investirá preto de 3 millóns de euros na mellora da depuradora de Noia. O Consello da Xunta dou luz verde a esta actuación que podería estar en marcha xa a principios do próximo ano.

Augas de Galicia financiará integramente a reforma e mellora da capacidade da EDAR de Noia, a través dun convenio co concello que será o encargado do mantemento e explotación da depuradora, unha vez acometidas as melloras.

A actuación contará cun investimento de case tres millóns de euros que permitirá optimizar o rendemento da planta así como a instalación de novos equipos de desinfección máis deficientes poñendo fin ós problemas de vertidos que viña rexistrando. Contempla ademais unha serie de melloras non só a nivel técnico senón tamén estrutural cunha intervención no propio edificio e na cuberta.

Unha vez autorizado o investimento no Consello da Xunta celebrado esta mañá, a intención da administración autonómica é licitar a actuación antes de fin de ano co obxectivo de poder iniciar as obras en 2023. Contan cun prazo de execución de 13 meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí