Muros súmase á campaña ‘En Negro’ contra a violencia de xénero

MUROS> O concello de Muros acollerá este venres unha concentración en contra da violencia de xénero enmarcada no programa dos Concellos en Negro. Ó igual que outros concellos da comarca, Muros sumouse á campaña En Negro contra a violencia no marco da cal se están a desenvolver numerosas actividades ó longo deste mes. O pasado día once tivo lugar un curso de defensa persoal e este mércores presentarase unha edición especial dos Bolechas sobre igualdade. O acto central da campaña terá lugar este venres coa concentración prevista ás doce e media da mañá na praza do concello. A alcaldesa destacou ademais a boa acollida tanto dos establecementos comerciais como asociacións e entidades da vila que estes días se visten de negro con diverso material informativo e cartelería para facer visible a fonda problemática da violencia de xénero.