RIBEIRA> Este mediodía, ó redor da unha da tarde, aparecía nas inmediacións do centro de visitantes do Parque Natural de Corrubedo, Manuel Pego, o septuaxenario desaparecido en Ribeira este pasado luns pola noite.
Ó parecer foi atopado por un grupo de mozos que saíran a correr polas inmediacións do Parque. Aparentemente encontrábase en bo estado, aínda que foi trasladado nun vehículo policial ata o Hospital da Barbanza para realizarlle alí un pequeno recoñecemento médico.
Nas últimas horas o dispositivo de busca decidira ampliar o radio de rastrexo, máis alá das proximidades da súa vivenda e das zonas polas que acostumaba a saír a pasear tódolos días.
Co paso das horas, e vendo tamén a climatoloxía adversa, todo facía presaxiar un desagradable desenlace. Pero ó final, a esperanza é o último que se perde. Era algo ó que se aferraba a familia para lograr dar co seu paradoiro.