BARBANZA> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordou aprazar a vista de apelación polo crime de Diana Quer prevista para o próximo trinta un de marzo.
O tribunal tomou esta decisión ante as dificultades técnicas que suporía a celebración da vista por videoconferencia evitando ademais os riscos para a saúde para técnicos e demais persoal encargados de efectuala.
Se as circunstancias o permiten, o xuízo celebrarase o vinte e oito de abril ás once da mañá. Será entón cando o tribunal decida sobre o recurso presentado pola avogada do Chicle contra a sentenza que o condena a prisión permanente revisable polo asasinato de Diana Quer.