PONTEVEDRA> Ampliar saídas empresariais, enfrontar proxectos novos… e para poñelos en marcha: unha carga de enerxía. Isto foi o que recibiron as máis de cen persoas que este sábado participaron en Pontevedra na terceira edición de Ponte A Punto. Un congreso de autoaxuda no que se ofreceron as claves para asumir novos retos profesionais. Desenvolvemento a nivel físico, mental e espiritual. Este foi o eixo que vertebrou este ano a terceira edición do Ponte a Punto. Máis de cen persoas asistiron este sábado en Pontevedra a unha auténtica clase maxistral sobre como prepararse para afrontar retos empresariais, pero sobre todo, como saber sacar folgos cando semella que as forzas fraquean ou como aprender a ver a cara positiva ás oportunidades que se nos presentan. Sergio Fernández, do Instituto Pensamento Positivo; Javier Akerman, psicólogo e experto en mediciña natural; Sandra Mesías, experta en ‘couching’ de equipos; María José Moya, experta en dinámica de grupos e motivadora; e Antonio Guimaraes, especialista en ‘Life coaching’ e ‘Executive coaching’ foron os encargados de inxectar unha dose de enerxía positiva ós asistentes. E a xulgar por como marcharon, conseguírono. A empresa Qualitas&Docensa foi a responsable de organizar este foro Ponte a Punto co apoio da concellería de Promoción Económica de Pontevedra. Canal Rías Baixas encargouse da gravación do evento. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/11/jorgecastineiras.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/11/CONGRESO_PONTE_PUNTO.mp4.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA