E ti, xa reservaches a túa mesa para a Feira Franca?

PONTEVEDRA>  Pontevedra se prepara para celebrar unha nova edición da Feira Franca. En total, hai confirmadas 400 mesas, das que 250 corresponden a particulares e 140 á hostalaría. En canto os prezos, non hai moitas novidades. Os veciños e turistas que se acheguen á cidade poderán degustar menús que roldan os 30 euros. Iso si, os que aínda non reservaran mesa en algún restaurante, deberán darse presa porque quedan moi poucas prazas dispoñibles.

En Pontevedra xa se empezan a notar as ganas de Feira Franca. As rúas comezan a vestirse de época e os locais poñen todo a punto para a celebración desta vixésima edición. Unha edición moi especial na que en total haberá 400 mesas repartidas por toda a cidade. Delas, 140 corresponden á hostalaría, un dos sectores principais desta festa.

A gastronomía non pode faltar nesta festa. Por iso, os restaurantes e bares da cidade xa teñen listos os menús. A maioría roldan os 30 euros.

Ninguén se quere perder esta vixésima edición e iso nótase na cantidade de reservas que hai xa para a comida e a cea.

Os que queiran comer sentados deberán darse presa para conseguir unha mesa antes de que a cidade volva, por uns días, ao Medievo.