A xornada da tapa micolóxica terá lugar este venres na taberna A do Panadeiro en Lousame

    LOUSAME> Este venres as oito da tarde terá lugar a primeira xornada da tapa micolóxica na Taberna-Café A do Panadeiro no concello de Lousame. Os que queiran acercarse a esta iniciativa poderán disfrutar dunha tapa cunha base de setas que recibirán coa súa consumición.

    A concelleira de medioambiente, María José Maroñas e o empresario Santiago García Rial veñen de presentar a primeira xornada da tapa micolóxica que terá lugar na taberna-Café A do Panadeiro. A edil de medioambiente explicou que esta iniciativa xurde co obxectivo de promover o sector hostaleiro de Lousame, coincidindo tamén coa tempada do produto estrela das xornadas. O empresario Santiago García agradeceu ó concello este tipo de iniciativas que son un unha boa forma de fomentar a hostelería local. Dende o concello e dende a taberna quixeron facer un chamamento ós veciños para que se animen a disfrutar dunha consumición acompañada dunha boa tapa gratuíta. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/12/xornadastapasmicoloxicaslousame1211141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/12/xornadastapasmicoloxicaslousame121114.mp4{/flowplayer}