O CD Boiro realiza probas serolóxicas a todo o equipo ante o inminente inicio de tempada

BOIRO> Despois de que a Xunta aprobase o protocolo para o inicio dos adestramentos en fútbol afeccionado, o Club Deportivo Boiro realizou as correspondentes probas a tódolos xogadores e equipo técnico.

A maior parte dos xogadores, empregados e directivos da plantilla do Club Deportivo Boiro realizáronse xa as probas serolóxicas co obxectivo de iniciar a pretempada con total seguridade.

O inicio da liga está previsto para o 24 de xaneiro polo que cada quince días repetiranse os test e, en tódolos adestramentos e xornadas de competición, adoptaranse as máximas medidas de hixiene e prevención para evitar contaxios.

A pesar das dificultades engadidas que supón a pandemia, Cristian Pérez asume con ilusión o reto de adestrar ó primeiro equipo tras varias tempadas a cargo das categorías inferiores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí