O BNG ribeirense cuestiona as obras de acondicionamento ambiental na praia do Castro

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/27/bngribeirapraiacastro2703151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/27/bngribeirapraiacastro270315.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Para os nacionalistas trátase dunha actuación que está a alterar notablemente o ecosistema dunar e, por conseguinte a flora e a fauna existente. A presenza nas últimas semanas de diversa maquinaria pesada traballando na praia, que está a alterar o ecosistema dunar existente, foi unha das razóns que levou ós nacionalistas a interesarse por esta actuación. A través de varias preguntas, unha delas dirixida ó concello e outra á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, os membros da formación frentista interésanse pola finalidade destas obras. Segundo eles os traballos están a causar un forte impacto ambiental, xa que a zona aparece incluída dentro do Plan de Conservación da píllara das dunas, unha especie protexida, que pode verse afectada pola realización desta actuación. Entre outras cuestións, os nacionalistas pregúntanse que sentido teñen estas obras e se se realizou previamente un plan de avaliación ambiental.