Rouban masa quebrada e unha caixa de langostinos nun restaurante da Pobra

POBRA> Os ladróns accederon ó interior do establecemento despois de romper unha das fiestras. Unha vez dentro fíxéronse tamén cuns catrocentos euros en metálico, entre moedas de cambio, lotaría e un bote de propinas. O suceso producíase a pasada madrugada. Segundo nos comentou o propio xerente do establecemento, Juan José Rivas, foi a central de alarmas da compañía que ten contratada a que o alertou de que algo estraño estaba acontecendo no negocio. A pesar de que se personou rápidamente no establecemento no seu interior xa non había ninguén, atopándose xa con todo revolto. Segundo o propietario do negocio os amigos do alleo conseguiron levarse un botín dun catrocentos euros en metálico, a maioría moedas de cambio e cartos de lotaría e propinas. Unha cantidade non moi elevada pero que se suma ós numerosos danos causados no negocio. As forzas da orde, axudados polas imaxes gravadas polas cámaras de seguridade do propio local, continúan agora coas investigacións para dar co posible autor dos feitos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí