Mañá martes iníase o xuízo ó ‘Chicle’ pola presunta violación á súa ex-cuñada

BARBANZA> O xuízo ó ‘Chicle’ celebrarase despois de que Xulgado de Instrución número 2 de Noia decretase o seu procesamento, ó concluír que, das dilixencias de instrución practicadas, desprendíanse indicios claros de que o investigado realizou actos atentatorios contra a liberdade sexual da súa ex-cuñada, en xaneiro de 2005, cando esta aínda era menor.

No auto de procesamento, conclúese que os feitos revisten os caracteres dun delito de agresión sexual con penetración vaxinal, en liña co que expón o Ministerio Público no seu escrito de cualificación, no que pide 15 anos de prisión para ‘O Chicle’, ademais dos 30 mil euros de indemnización para a vítima.

A xuíza descartou a prescrición por tratarse de delitos contra a liberdade e indemnidade sexual con vítima menor de idade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí