Localizan o corpo sen vida dun home nunha praia de Boiro

BOIRO> A Garda Civil iniciou unha investigación para tratar de determinar as posibles causas do falecemento dun veciño de Boiro, duns 50 anos, cuxo corpo aparecía sen vida onte domingo nunha zona rochosa próxima á rampla de Ancados.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos equipos de emerxencia, entre eles os servizos sanitarios, que xa nada puideron facer por salvarlle a vida.

Foi unha familiar a que deu a voz de alarma, ó atoparse co corpo.

Ó parecer o home, que acostumaba a saír a nadar na zona, desaparecera a noite anterior.

Será agora a autopsia a que revele as posibles circunstancias do falecemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí