Iniciáronse os traballos de mellora dos accesos ó matadoiro comarcal

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou de que a empresa Nemesio Ordóñez xa iniciou os traballos de mellora dos accesos ó matadorio comarcal, situado no polígono industrial de Xarás. A actuación, da que resultou adxudicataria esta firma, conta cun investimento de máis de 86 mil euros. As obras teñen coma finalidade o acondicionamento desta vial que se atopa moi deteriorado. Ademais da mellora do firme, procederase tamén a instalación de novas tubaxes para a drenaxe das pluviais, para evitar así que a auga de chuvia se acumule nas zonas de acceso.