O BNG noiés aplaude a renovación do bombeo de Abruñeiras

NOIA> Para os nacionalistas o saneamento debera ser un dos eixes prioritarios das accións dun goberno, de aí que o incluíran no acordo asinado no pacto de investidura, co Partido Socialista e a Marea, que posibilitou o cambio na alcaldía.

O anuncio da renovación do bombeo de Abruñeiras é para eles o primeiro paso de moitas máis actuacións que virán nesta materia.

A actuación, cun custe duns 40 mil euros, que será financiada a través do POS Adicional da Deputación da Coruña, virá a dar solución a un problema medioambiental grave, que levaba máis de dez anos sen funcionamento.

Dende o BNG anunciaron tamén que presentarán novas iniciativas parlamentarias e emendas ós orzamentos da Xunta para intentar recadar maiores investimentos que permitan dar solución ós graves problemas de saneamento existentes no municipio, que están a repercutir negativamente na imaxe do Concello e tamén na produtividade da Ría.