RIANXO> A dirección provincial decidiu nomear a unha xestora que se encargará de preparar as próximas eleccións municipais de maio.
Antonio Blanco Magariños, ‘Picón’, será a persoa encargada de liderar agora o partido a nivel local.
Estará acompañado por Mariano Moares, Alicia Carou ou Ramón Vicente, entre outros.
A menos de medio ano para a cita coas urnas, o PP trata de sentar as bases para a creación dunha alternativa seria que permita converterse na lista máis votada no municipio e poder acceder así ó sillón da alcaldía.
Dende a provincial tamén sinalan que non é un grupo pechado, senón que se trata dun proxecto aberto, ó que animan ós veciños a participar e formar parte del.
O fin non é outro que formar o mellor equipo posible para volver a ilusionar.