Os traballadores rexeitan de xeito unánime a esixencia de Lantero de suspender a folga

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/21/traballadores_lantero_211114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/21/traballadores_lantero_211114.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> A dirección asegurou que onte viu mostras de división entre os representantes dos traballadores que acudiron á xuntanza en Santiago. Dende o comité, a situación vese de xeito moi distinto. Segundo o presidente, esta mañá a plantilla rexeitou unanimemente a suspensión da folga para abrir as negociacións. A cambio propoñen unha fin de semana intensa de conversas coa dirección, coa intención de acadar un acordo antes do luns que evite o ERE e permita aos traballadores volver aos seus postos.

Fin de semana intensa de negociacións para volver aos postos de traballo o luns cun acordo baixo o brazo. Esta é a proposta que onte levaron á negociación os representantes dos traballadores de Lantero.

Pero a día de hoxe, a suspensión da folga non é unha posibilidade que estea sobre a mesa. Onte o decidiu o comité na xuntanza coa empresa; hoxe, recibiron o apoio dos case 100 traballadores en folga.

Segundo os traballadores, a empresa non quere renunciar a ter o ERE como ferramenta de presión. Onte, a dirección puxo sobre a mesa as condicións do novo expediente de regulación de emprego que proporá para Lantero.

Esta mañá, a plantilla de Lantero insistía en que segue en pé a súa proposta de negociar durante a fin de semana. Iso si, advertiron de que a aplicación do novo ERE non vai garantir que os traballadores retornen aos seus postos na fábrica do Pousadoiro.