As Rías Baixas despiden a súa Tour Running dende Cangas

PONTEVEDRA> Se lles gusta o atletismo, hai unha data que teñen que apuntar no calendario. O domingo 7 de decembro teñen unha cita en Cangas, e é que a vila será o escenario da proba que pechará o circuíto de carreiras Tour Running Rías Baixas. 

 

O Trofeo de Pedestrismo Concello de Cangas-Memorial Pepe Cordeiro será a proba que despida o Tour Running Rías Baixas, despois de pasar por Tui e Moraña. Este ano cumpre a súa sexaxésimo primeira edición, confirmándose como a segunda cita máis antiga do calendario galego de carreiras populares.

No marco deste trofeo celebraranse varias carreiras, pensadas para as diferentes idades dos competidores. Na categoría absoluta correranse 10 quilómetros.

O ano pasado este Trofeo conseguiu reunir a 800 corredores entre todas as categorías. Un éxito que agardan repetir nesta edición.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 2 de decembro.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/26/tour_running_rias_baixas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/26/tour_running_rias_baixas.mp4{/flowplayer}