Jordi Aragonés deixa o Extrugasa e ficha polo Perfumerías

aragons250_200508.jpgVILAGARCÍA > Jordi Aragonés, durante moitos anos preparador físico do coxunto vilagarcián, abandona o equipo tras acepta-la oferta do Perfumerías Avenida de Salamanca.

Nas últimas horas produxéronse novidades en torno ó Extrugasa, xa que Jordi Aragonés, durante moitos anos preparador físico do coxunto vilagarcián, abandona o equipo tras acepta-la oferta do Perfumerías Avenida de Salamanca, actual subcampión de Liga e que a vindeira temporada xogará a máxima competición continental, a Euroliga.

A directiva deberá buscar por tanto un susituto para Aragonés e mentres que continúa a confecciona-lo plantel de cara ó próximo ano.

María Asurmendi e Katia Da Silva oficializarán nos vindeiros días a súa renovación polo club.

Está un pouquiño máis complicada a continuidade de Kiesha Brown, pola que farase unha última contraoferta nas vindeiras horas como derradeira tentativa para rete-la base norteamericana.

Redacción Salnés