Portos promocionará dende París a náutica galega

PONTEVEDRA> Portos de Galicia aposta por dar pulo á náutica recreativa galega. O ente estará no Salón Náutico de París por terceiro ano consecutivo para promocionar os 40 portos deportivos galegos e as súas máis de 15 mil prazas de amarre. Na capital francesa unha decena destes peiraos formalizarán a súa adhesión a unha rede europea para internacionalizar a oferta náutica.

 

Portos de Galicia afianza a súa aposta pola náutica deportiva, que o ano pasado conseguiu incrementar os tránsitos nun 9%. Agora, o ente busca promocionala no exterior.

Ademais da promoción dos 40 portos deportivos galegos e das súas 15 mil prazas de amarre, no Salón de París formalizarase a adhesión de dez destas instalacións nun proxecto europeo.

Con estas actuacións, Portos está a seguir unha folla de ruta trazada hai dous anos. Un plan estratéxico que recolle outras das actividades que realizarán no salón parisino.

Ademais do ente autonómico, no Salón Náutico de París estarán presentes os dous portos deportivos de Sanxenxo, o Real Club Náutico de Vigo e a Marina de Vilagarcía. Outros peiraos enviarán material editado para aproveitar a plataforma de promoción que ofrece este salón.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/27/portos_de_galicia_nautica_recreativa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/27/portos_de_galicia_nautica_recreativa.mp4{/flowplayer}