A glorieta de Príncipe Felipe e Rolda Leste comezarán a inicios do 2018

Pontevedra> O servizo de Mobilidade provincial aprobará na Xunta de Goberno de mañá 6 convenios e proxectos de mellora de estradas provincias de Pontevedra, Marín, Barro, O Grove e Tui. O orzamento total das actuacións supera os 5,6 millóns de euros en obras que poderán iniciarse a comezos do 2018. A xunta de Goberno aprobará mañá venres 6 convernios e proxetos de mellora de estradas provincias de Pontevedra, Marín, Barro, O Grove e Tui. O orzamento total das actuacións, segundo indicou o deputado da área de mobilidade, será de 5,6 millóns de euros. Deles 550 mil irán destinados a un proxecto moi importante para Pontevedra como é a Glorieta de Príncipe Felipe. Outra das actuacións importantes dese orzamento irá destinado a Rolda Leste, uns traballos que tiveron que asumir esta Deputación ao chegar ao Goberno e que tivo que realizar moitos cambios debido a deficiencias técnicas do anterior proxecto. Un traballo que contará cun investimento de 3,4 millóns de euros e onde tiveron que realizar numerosos axustes. Estes proxectos que hoxe presentaron poderán licitarse de xeito inminente e iniciarse, unha vez cumpridos todos os trámites burocráticos, a comezos do 2018.