PONTEVEDRA> O programa ‘Namórate de Ti’ volve encher os escaparates pontevedreses de empoderamento feminino. Desta volta, son os comercios da praza San Xosé e da rúa Rosalía de Castro os que participan nesta exposición fotográfica. Unha acción coa que remata a nova edición deste obradoiro, enmarcado nas actividades organizadas polo Concello de Pontevedra para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Os escaparates da praza San Xosé e da rúa Rosalía de Castro de Pontevedra énchense de empoderamento feminino.
Ata o vindeiro 6 de decembro, vinteún establecementos de toda a zona locerán as fotografías da nova edición do programa ‘Namórate de Ti’. Onde as mulleres participantes son as protagonistas.
As fotografías son a fase final do obradoiro. Antes, as mulleres traballan en mellorar a súa autoestima con actividades como baile, reflexións, escritura ou conexión coa natureza. O obxectivo: eliminar as etiquetas.
A escolla desta zona da cidade para presentar a exposición non é casualidade. Recentemente esta parte da rúa recolleuse un andamio despois de anos instalado, restando visibilidade aos comercios.
O programa ‘Namórate de Ti’ enmárcase nas actividades que o concello de Pontevedra organiza co gallo do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.