O BNG quere volver ao Congreso dos Deputados

PONTEVEDRA> O BNG anunciou esta mañá a candidatura coa que se presentará ás eleccións xerais do 28 de abril pola provincia de Pontevedra. Con esta lista, liderada por Carme da Silva, o partido nacionalista pretende volver a recuperar a súa representación no Congreso dos Deputados.

O BNG presentou esta mañá a súa candidatura para ás eleccións xerais do 28 de abril pola provincia de Pontevedra. Unha lista que encabeza Carme da Silva e coa que o partido nacionalista pretende recuperar a voz dos galegos e das galegas no Congreso dos Deputados.

A portavoz nacional, Ana Pontón, asegurou que o voto útil para Galicia é o voto ao BNG.

A candidatura do partido nacionalista incorpora grandes nomes como é o caso de Guillerme Vázquez, Xesús López, Susana Camba ou o debuxante Kiko da Silva. Unha aposta do Bloque para que Galicia non volva a estar desaparecida na política nacional.

Se o Bloque Nacionalista Galego chegase ó Congreso, Carme da Silva ten claro cal sería a súa primeira iniciativa: liberar a peaxe da AP-9.

Os candidatos do BNG mostráronse confiados e esperanzados porque aseguran que os cidadáns desexan un cambio e teñen ganas de seguir loitando polos dereitos de Galicia.