Continúa a busca do meañés desaparecido no naufraxio do Sanfrán

    MEAÑO> Continúan os labores de busca de Benigno Vázquez, o home de 36 anos desaparecido no naufraxio do Sanfrán. Vázquez era natural da parroquia de Cobas, en Meaño, aínda que xa había tempo que marchara para Burela na procura dun traballo. O pai e as irmás, que viven no concello do Salnés, trasladáronse ata Celeiro, á espera de novidades que remate coa angustiosa espera.

     

    Polo de momento, descoñécense as causas do afundimento, que se produciu a 35 millas ao norte de San Sebastián, á altura da cidade francesa de Bayona. Recordemos que no Sanfrán ían seis mariñeiros, dos cales dous aínda están desaparecidos. Os outros catro xa volveron onte a Lugo, tras ser rescatados polo pesqueiro de Cariño, Osmerexos. Hoxe só un avión dedicouse ás tarefas de busca dos dous desaparecidos, unha aeronave española solicitada por Francia, país encargado do operativo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/01/total_colas_desaparecido_naufraxio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/01/total_colas_desaparecido_naufraxio.mp4{/flowplayer}