Vilagarcía estrea a reforma do paseo marítimo da Compostela

VILAGARCÍA> Vilagarcía estrea o novo paseo marítimo na praia da Compostela. A segunda fase deste proxecto, entre o balneario e o lavadoiro de Carril, xa está rematada, cun investimento por parte do goberno central de máis de 600.000 euros. Esta mañá visitaron a actuación o alcalde mailo delegado do goberno en Galicia. Ambos coincidiron en que este investimento demostra o carácter municipalista do executivo de Pedro Sánchez.

Este é o renovado paseo marítimo de Vilagarcía, ao seu paso pola Compostela. A segunda fase do proxecto vén de rematar, actuando entre o balneario e o lavadoiro de Carrril. En total 750 metros, para os que o goberno central destinou máis de 600.000 euros. Esta mañá visitaban os resultados destes traballos o alcalde da cidade e o delegado do goberno en Galicia, que entende que proxectos como este demostran o compromiso de Pedro Sánchez co municipalismo.

O alcalde de Vilagarcía celebra o resultado desta remodelación, tendo en conta a cantidade de veciños e visitantes que pasean por aquí.

Con todo, Alberto Varela aproveitou a ocasión para trasladarlle ao delegado do goberno outros asuntos pendentes, como a rexeneración da propia praia da Compostela.

Un proxecto que se suma á lista de actuacións impulsadas polo goberno central na cidade. Segundo os cálculos da delegación do goberno, o executivo central leva investidos uns 12 millóns de euros, para distintas melloras, entre elas, a reforma da Casa do Mar que, en breve, abrirá as súas portas.