Os pais do colexio de Carril volven reclamar o autobús

    VILAGARCÍA> No colexio de Carril volven as mobilizacións. Os pais retoman a vella reclamación a Educación: a posta en marcha dun transporte escolar que leve os nenos ás súas casas ao rematar as clases. Actualmente, o único autobús que existe sae ás 3 e cuarto do centro, o que obriga aos nenos a quedar a comer no comedor escolar. O transporte escolar volve estar de actualidade no colexio de Carril. Os pais piden á Xunta a posta en marcha dun autobús que permita aos nenos volver ás súas casas despois das clases, para facilitar a conciliación familiar. Esta liña única de autobús obriga a moitas familias a deixar aos seus fillos a comer no colexio, por non poder chegar a recollelos á saída da escola. Actualmente, hai ao redor de corenta familias afectadas por esta situación. O colectivo xa solicitou un encontro coa Delegación Territorial de Educación. Petición que, a día de hoxe, segue sen resposta. Os pais incluso recorreron á Valedora do Pobo, que aceptou a trámite as súas queixas e solicitou informes á Consellería. Pero mentres seguen sen resposta, as familias levarán as súas protestas á rúa, con concentracións ás portas do colexio que comezarán mañá e continuarán ata que se poña data para ese encontro con Educación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/20/pais_carril_autobus_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/20/pais_carril_autobus.mp4{/flowplayer}