O concello de Cambados advirte que a Rúa Nova é a única localización segura para o mercado ambulante

CAMBADOS> O concelleiro de economía respondeu as críticas da oposición e dos vendedores. Xurxo Charlín explica que o traslado faise unicamente por razóns de seguridade e cumprindo co estado de alarma. Non entende o cambio de opinión dos vendedores, asegurando, que nun primeiro momento estaban a favor do traslado.

O concelleiro de economía de Cambados explicou as razóns polas cales o mercado ambulante da vila continua pechado. Xurxo Charlín asegura que a única maneira de garantir as medidas de seguridade impostas polo estado pasaban polo traslado do mercado á Rúa Nova.

Xurxo Charlín chamou persoalmente a todos os vendedores porque ter unha reunión agora mesmo non e posible dada a situación do estado de alarma. O concelleiro asegura que nun primeiro momento os vendedores estaban de acordo pero que posteriormente decidiron non trasladarse.

Os partidos da oposición criticaban que o con concello non tiña os informes necesarios para garantir a seguridade na nova localización. Unhas declaracións que o desminte o concelleiro de economía asegurando que estaban traballando en tódolos trámites necesarios.

Xurxo Charlín pide cooperación aos vendedores para poder chegar a un acordo e resolver a situación.

O concelleiro explicou que a solución dos vendedores de valar a zona cos seus camións non sería posible porque non respectaría as distancias mínimas. Tamén asegurou que os propios camións collerían nas rúas seleccionadas para poñer os diferentes postos. Segundo Xurxo Charlín, o traslado permitiría cumprir coa lei e garantir a seguridade de tódolos veciños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí