Hoxe deu comezo a Campaña Comercial de Nadal da FEB na que se repartirán 20.300€

    BOIRO> A Federación de Empresarios do Barbanza ven de presentar a terceira edición consecutiva da Campaña Comercial de Nadal baixo o lema ‘Nestas festas regala Comercio Local’. A campaña desenvolverase entre o 1 de decembro e o 6 de xaneiro de 2015.

    A Campaña Comercial de Nadal comezou hoxe co inicio de decembro nos comercios asociados as asociacións pertencentes a FEB que veñen sendo: Padrón, Rianxo, Boiro, Pobra, Ribeira, Porto do Son, Noia Outes e Mazaricos. A campaña ten por obxectivo incentivar ós consumidores para que realicen as súas compras nos comercios tradicionais das súas comarcas. Mercando nos comercios asociados ás federacións de empresarios, os clientes participarán nun sorteo de 20.300 euros, en forma de 203 vales de compra de 100 euros. Os comercios repartirán gratuitamente as rifas ós seus clientes, sendo a relación dunha rifa por cada 10 euros de compra. O sorteo da campaña terá lugar o venres 9 de xaneiro as dúas da tarde no restaurante ‘O Trapeiro’ en Lousame e a relación dos premiados farase pública a través da páxina web da Feb, www.feba.es. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/01/presentacioncampanafeb0112141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/01/presentacioncampanafeb011214.mp4{/flowplayer}