‘Unha familia media pagará 1.600 euros ó concello o próximo ano’

    VILAGARCÍA> Unha familia media de Vilagarcía pagará o ano que vén ó concello preto de 1.600 euros en impostos. É o resumo que facía onte o edil de Esquerda Unida Juan Fajardo durante o pleno no que se debateron os orzamentos do 2015. As contas, que ascenden o ano que vén a 26 millóns de euros, saíron adiante co único apoio do bipartito e as críticas pechadas de toda a oposición. Un ‘saqueo’, un orzamento ‘para lavar a cara ás eleccións’… De todo menos gabanzas se escoitou onte no salón de plenos de Vilagarcía, na sesión na que se debatía un dos asuntos máis importantes do ano: as contas que xestionará o concello o próximo ano. Segundo explicou o edil de Facenda, os números subirán no 2015 ata os 26 millóns de euros, un 1,21% máis con respecto ás contas que se xestionaron este ano. Anótanse ó seu favor a redución da débeda á metade do que atoparon ó comezo da lexislatura. Presumen tamén do investimento propio previsto, que cifran en 1,5 millóns. Goles a favor que non tardaron en desmontar desde a oposición. A primeira, na fronte e pola vía dos impostos. Esquerda Unida colgou outra medalla a Pardal: a de subir a carga de impostos ós vilagarciáns en dous millóns de euros desde que chegaron a Ravella. Escusou Pardal a suba na necesidade de aplicar o plan de saneamento económico e solicitar o crédito para o pago a provedores, crédito que por certo onte tamén aprobaron en solitario refinancialo con Abanca para pagar un xuro máis baixo; e a maior partida destinada a gasto social. Aquí BNG e PSOE foron os encargados de tombar a argumentación. Desde a oposición non escatimaron en cualificativos para tildar estas contas. Acusaron ó goberno local de non acordalas con tódalas forzas previamente nunha manobra que consideran electoralistas. No pleno tamén se tratou outro dos lastres que arrastrou o executivo de Fole nos últimos anos: o crédito de Luz Salgada. O bipartito aprobou devolver o capital principal do empréstito, 3,1 millóns de euros en previsión dunha derrota nos xulgados. E no tocante á suposta pasarela ata Cortegada que o executivo municipal parecía querer construír: nada. Segundo o alcalde non se fará porque nunca houbo proposta tal. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/02/ORZ14.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/02/PLENO_VILAGARCIA_DEC14.mp4{/flowplayer}